Reunión co Grupo Parlamentario do Partido Popular

Hoxe, luns 30 de setembro, tivemos unha reunión co Grupo Parlamentario do Partido Popular encabezado polo Aurelio Nuñez Centeno Portavoz de Sanidade, na que lles presentamos as nosas propostas (dispoñibles para todos na nosa web). En  primeiro lugar queremos agradecer a sua predisposición para escoitarnos.

Voltamos a recordar que esta organización é apolítica e asindical e quere antepoñer o interese das enfermeiras, polo que consideramos que debe existir unha boa comunicación con calqueira formación política ou sindical, ainda que no momento axeitado, cada un busque o seu beneficio. O noso é acabar coa precariedade na sanidade pública galega e presionar para que iso se consiga.

É por iso que debemos recalcar o noso rexeitamento fronte o Contrato de Continuidade, xa que seguimos entendendo que non é máis que un parche e non é o camiño a seguir para conseguir os nosos obxectivos que son os de acabar coa precariedade enquistada nos profesionais. Nos temos claro o camiño:

  • Eliminación da Taxa de Reposición; en aras da estabilización do emprego precario da sanidade pública. Non nos importa quen o faga, importanos que se faga.
  • Transparencia; rexistro público do persoal estatutario fixo e temporal para que os números non sexan usados coma arma electoral.
  • MacroOPE; unha vez eliminada a Taxa de Reposición convocando todas as prazas que foron quedando vacantes cas xubilacións ou por outros motivos e as que se consideren necesarias crear en función das necesidades reais dos servizos e da adaptación dos ratios enfermeira/doente aos estándares recomendados para a poboación galega.
  • Converter inmediatamente en prazas de persoal estrutural todos os postos que foron desempeñados de maneira eventual durante máis de dous anos e pasalos a cubrir mediante nomeamentos de interinidade en praza vacante.

Polo tanto e coma máxima reivindicación dende a nosa organización reclamamos a aposta sen titubeos polas enfermeiras. Agora sí.


Deixar unha resposta