¿Que é a Taxa de Reposición e porqué é tan importante para nos?

En términos contables a taxa de reposición de efectivos é a cociente que determina o número de funcionarios ou persoal estatutario de novo ingreso que se poden incorporar nunha administración pública en función das baixas que se produciron no ano anterior”. Polo tanto se no ano anterior houbo 100 baixas de efectivos (por xubilación, falecemento, etc), cunha taxa do 10% se cubriría só 10 nese ano.

Para o cómputo das prazas de novo ingreso terase en conta os funcionarios ou persoal estatutario que reingresen dunha excedencia sen reserva de posto, pero non os funcionarios ou persoal estatutario que ascendan por promoción interna.

A Lei Xeral de Orzamentos do Estado (LPGE) regula, por unha banda, o volume da oferta de emprego público (OEP) para a incorporación de persoal permanente na Administración e o sector público mediante a taxa de reposición de efectivos (TRE); e por outro, a evolución das retribucións do persoal, determinando se aquelas experimentarán un incremento, unha redución ou unha conxelación, e en que medida farano.

A taxa de reposición non atende ás necesidades de cada servizo público nin á saúde orzamentaria de cada concreta administración pública. O único obxectivo que ten é reducir o gasto público global en materia de persoal. Por este motivo as administracións que tiveron orzamento para levalo a cabo cubriron as necesidades do servizo mediante nomeamentos interinos ou contratación de persoal temporal, ás veces mesmo ampliando o número total de efectivos.

Con estas restricións aínda que debería diminuír o número de efectivos en maior medida, non foi así, porque durante estes últimos anos fomentouse a interinidade para sortear a prohibición de prover os postos de traballo de carácter permanente por procedementos legais. É dicir, cando a Administración non pode publicar ofertas de emprego, abusa da interinidade (por exceso de uso) porque está obrigada a prestar igualmente o servizo ao cidadán coma é no caso da sanidade pública.

Este persoal interino e temporal tamén computa como persoal ao servizo das Administracións Públicas. A maior porcentaxe de interinidade/temporalidade dáse nas Comunidades Autónomas, o ámbito Local e no sector Xustiza dentro da Administración Estatal.

Os contratos indefinidos representan unha proporción cada vez maior da creación de emprego, isto non foi suficiente para reducir a porcentaxe de traballadores con contratos temporais (26,9 % no terceiro trimestre de 2018), que segue sendo un dos maiores da UE.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es 9slmFDIzdrcGwW-OHt7ieV9bJItvI6to4pxCH1vr3NFCMYnmQHMTbln24nF-UQNny34tEXKtEXqTcexFAHkrJt8dT6PoPT7uDgCjEFxwSQrfmD3phK9kwj07O130TlwbLHPPF3c
MAPA TEMPORALIDADE ESPAÑA NO 2º TRIMESTRE DE 2019, FONTE: INE

Nos Boletíns Estatísticos do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas (BEPSAP) de xaneiro 2010 a xullo 2016 do Ministerio de Facenda e Función Pública e constata que de xaneiro do 2010 a xullo de 2016 perdéronse 227.685 empregados públicos na Administración Pública Estatal, das Comunidades Autónomas e Local.

O Boletín Estatístico do persoal ao servizo das Administracións Públicas é unha estatística elaborada polo Rexistro Central de Persoal a partir da enumeración de datos administrativos recompilados desde distintas fontes co obxectivo de presentar información dos efectivos ao servizo da Administración Pública Estatal, as  Administracións das Comunidades Autónomas, a Administración Local e as Universidades.

Para as Administracións Públicas o período entre 2007 e 2010 foi moi expansivo en persoal sumando 186.590 efectivos (2.512.038 en xaneiro de 2007 e 2.698.628 en xaneiro de 2010), pero é a partir de 2010 cando realmente tómanse medidas para reducir os efectivos de empregados públicos.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es image.png
TAXA DE REPOSICIÓN DE EMPLEADOS DAS AAPP, FONTE: PGE

A taxa de temporalidade do sector das AAPP foi  historicamente inferior á observada no sector privado (véase  gráfico 6), con carácter xeral, e no caso do sector da educación (cun 60 % de  participación publica e un 40 % de participación privada) en particular. Con todo, no caso da sanidade e os servizos sociais (onde  cerca do 50% do total dos traballadores son publicos), a taxa de temporalidade na parte privada situouse en 2016 no 25 %, mentres que na  publica foi do 33 %.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es image-1.png
TAXA DE TEMPORALIDADE NOS SECTORES PÚBLICOS E PRIVADOS, FONTE: INE
La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es ZQUswA8ebdAjb1Jej2mw-UKjtv8FK_yVcRCycphW0whjWuPp9aqb7v4mleb1VyrYR0GE6NqRN1T0WpkzPCfG3nChsKkQ3JSpxmq1PzrNRUquSrKJ_4AmUjdcKrVNwdkPO8xhmq8
EFECTIVOS DA ADMINISTRACIÓN CCAA GALICIA, FONTE: INE

A cronoloxía da taxa de reposición

  • Nos anos 2007 e 2008, autorizouse unha taxa de reposición dos 100% nos sectores, funcións e categorías prioritarios ou que afectasen o funcionamento dos servizos públicos esenciais.
  • En 2009 pasou ao 30% repoñéndose 3 de cada 10 baixas en sectores prioritarios. Esta limitación non era de aplicación ao persoal de Xustiza, Educación, Sanidade, Institucións Penais, Políticas de Emprego.
  • En 2010 foi do 15%, primeira redución importante nas Ofertas de Emprego Público. Con todo, establecíanse  excepcións cunha reposición do 100% en determinados casos (Administración de Xustiza, Educación, Servizos de Saúde, Xestión de políticas públicas activas de emprego, Institucións Penais, Banco de España e municipios con menos de 50.000 habitantes).
  • Para 2011 reduciuse ao 10% a taxa de reposición de efectivos (Xustiza ou Sanidade pasan a repoñer 1 de cada 10 baixas por exemplo) 
  • Para 2012 establécese o 10% da taxa de reposición para Docentes, Servizos de Saúde, Forzas e Corpos de Seguridade, Forzas Armadas, policías locais e servizos e prevención e extinción de incendios, a loita contra a fraude fiscal e laboral así como ao persoal docente investigador e mantense a conxelación da Oferta Pública de Emprego con carácter xeral.
  • En 2013 continua o 10%, repoñendo como máximo 1 de cada 10 baixas cunha situación similar ao 2012.
  • En 2014 mantense a taxa de reposición ata o 10% dos servizos esenciais e pódese  alcanzar o 100% no caso de prazas de policía local e de prazas dos Servizos antincendios e salvamento, sempre que dependan de Entidades Locais saneadas.
  • Para 2015 elévase ata un máximo do 50% permitindo repoñer 5 de cada 10 baixas para servizos esenciais como Xustiza, Prisións, Sanidade, Educación, Forzas da Orde e de Seguridade, Extinción de Incendios, Loita contra a Fraude, asesoramento Xurídico e de Xestión dos Recursos Públicos e Universidades entre outros. 
  • En 2016 autorízase a aprobación de Oferta de Emprego Público en todos os sectores: Repoñendo ata do 100% en Sectores prioritarios (como Sanidade, Educación, Loita contra a fraude, Institucións Penais, Forzas e Corpos de Seguridade, Prevención e Extinción de Incendios, entre outros). No resto dos sectores o 50%. E para Xustiza ata o 20% das vacantes, igual que no 2015, pero en corpos cuxo porcentaxe de interinos supere o 8%.
  • No ano 2017 puxose en marcha o “procesos de estabilización do emprego temporal no sector público”: onde se establecen os sectores con taxa de reposición de hasta un máximo del 100 % entre os que se atopa SANIDADE, na que ademais da taxa de reposición autorizada (do 100% ou 50%) poderá dispoñer dunha taxa adicional para estabilización de emprego temporal que incluirá atao 90% das prazas que, estando dotadas  presupuestariamente, estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompida polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2016.Tamén se establece que a taxa de cobertura temporal deberá situarse ao final do período por baixo do 8%.
La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es xaP0d_ucqAIXQvmXDID1FBaubzELPOnyPCqdvIJ_ZeKYKzHtCniyCK_Hy_JsvKuu649YY72KmsYhyshlUiWJkoNSdqEZjPlO0-39CErhG7U_0WyCvna3IQE5jthmOSTwfLOG3WQ
ASALARIADOS POR TIPO DE CONTRATO, FONTE: EPA

Para o ano 2018 regulouse unha taxa de reposición coa seguinte estrutura:

  • As Administracións Públicas que no exercicio anterior haxan cumprido o obxectivo de estabilidade orzamentaria, débeda e a regra de gasto terán unha taxa de reposición de efectivos de ata o 100 % para todos os sectores, funcións e servizos. No caso das Entidades Locais, os límites de débeda serán os que fixen as Leis de Orzamentos Xerais do Estado, ou no seu caso a lexislación reguladora das Facendas Locais, en materia de autorización de operacións de endebedamento, a partir dos cales está prohibida a súa concertación.
  • Adicionalmente ao anterior, estas Administracións Públicas, poderán incorporar un número de novos efectivos equivalente ao 8 % do resultado da súa taxa de reposición, naqueles sectores ou ámbitos que consideren que require un reforzo adicional de efectivos, sempre dentro do marco da estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.
La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es image-2.png

Conclusión

Dende o ano 2010 o ano 2015 o número de funcionarios ou persoal estatutario na CCAA de Galicia non foi cuberto o 100% e son prazas que todavía están sen cubrir o que implica o aumento da temporalidade como así o indica a diminución de funcionarios dependentes na administración publica en Galicia e o aumento da temporalidade dentro dos distintos sectores. Na sanidade como reflexa o Consello de Contas, a temporalidade sufriu un importante aumento e como se publica no INE no ano 2019 Galicia é unha das autonomías con maior temporalidade.

A solución pasa por suprimir a taxa de reposición facendo un estudo de necesidades reais dos persoais para manter os servizos públicos e unha oferta de emprego público que debe ser aprobada sen a taxa de reposición.

“Imagen del Banc d’Imatges Infermeres. Autoría: Ariadna Creus y Àngel García”

Deja un comentario