As profesionais da enfermería somos maioritariamente mulleres, foino historicamente e segue a selo, na actualidade as cifras falan de até un 85% de emprego feminino. Polo feito de ser unha profesión feminizada son moitas as problemáticas as que nos enfrontamos as enfermeiras e polo tanto as enfermeiras eventuais.
Cada día sufrimos a desigualdade e o machismo da sociedade, sexualizase a nosa profesión,. Sen ir máis lonxe a idea da enfermeira ¨sexy¨ continúa a estar extendida; e mesmo hai uns días nun desfile de Entroido se premiaba unha comparsa na que se nos representaba como coidadoras dunha residencia na que o noso traballo consistía en practicarlle felacións aos residentes.
Enfrontámonos ao denominado teito de cristal. Sendo un colectivo maioritariamente feminino os nosos postos de responsabilidade, na gran parte dos casos, son desempañados por homes (supervisións, postos de dirección, etc… ).
Ser enfermeira eventual precariza as nosas vidas, tanto se es home como se es muller, mais se aínda por riba es muller, máis. Se queres ser nai penalizante, se queres coidar a túa irmá penalizante, e así un longo etcétera.
A día de hoxe o noso Pacto de Selección Temporal non contempla medidas de conciliación familiar para o persoal eventual, para a maternidade e/ou coidados de persoas dependentes ofrecennos suspensión de chamamamentos das listaxes, o que supón, non traballar, non cotizar e polo tanto non cobrar. Enfermerias eventuais en loita podería traducirse neste contexto como algo así como ¨mulleres novas con vidas precarias¨.
Este ano o 8 de Marzo vai encamiñado a reivindicar tanto os coidados non remunerados coma os remunerados, é dicir tanto os non profesionais coma os profesionais.
Evidentemente falar de coidados profesionais é falar de enfermería, é falar de enfermeiras e de TCAEs. Somos as sustentadoras dos coidados especializados, somos peza fundamental da atención sanitaria, polo que como vimos reclamando dende o principio queremos ¨que se coide a quen coida¨, para beneficio de todo o mundo; mais que se nos coide e se nos respete en todo o momento como mulleres e como profesionais e non só agora porque somos chave nunha crise sanitaria mundial.
Por iso este 8 de Marzo coida a quen te coida.