En relación á información emitida polo Ministerio de Traballo e Economía Social sobre o resultado de verificación realizado polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, referidas a dous modelos de mascarillas “Garry Galaxy”, con embalaxe N95 e código de barras “6972306 630042”.
O mesmo informe indica que estas máscaras faciais permiten un filtrado maior do especificado na norma UNE-EN 149:2001+A1:2010 que regula este aspecto.
Debido a distribución das mesmas polos diferentes centros sanitarios do SERGAS, o persoal que a utilizou, estivo indebidamente protexido. Sabemos que se está a traballar para ofrecer solucións canto antes, pero consideramos que para minimizar os danos aos profesionais e pacientes aos que atendemos debemos reclamar:
- A localización e seguemento do persoal que puideran ter feito uso deste material, xa retirado.
- Fixar e aplicar as medidas preventivas que procedan ao persoal exposto, así como a realización do test que corresponda para asegurar un diagnóstico fiable do SARS- COV-2.
- A presentación dun rexistro público e transparente de onde se distribuiron, así coma as unidades afectadas.
- A Xunta de Galicia debe aclarar se foron coñecedores da orde de retirada de ditas mascarillas o 15 de Abril e de ser así expliquen porque en unidades COVID a día 17 se continuaron empregando.
Así mesmo queremos facer chegar esta nota a todo o persoal que tivese utilizado estas máscaras para que se poña en contacto co departamento de Medicina Preventiva da súa Área.