Recentemente tiven o “privilexo” de ler unha entrevista que lle fixeron desde o COE de A Coruña á señora Victoria Carral, que para que non o saiba ven sendo a directora de Enfermería da área sanitaria de Santiago e Barbanza, ou sexa unha mandamais nesto da enfermería galega. A entrevista tampouco é que sexa do máis interesante nin tampouco é moi destacable, todo o que pon é sabido polo público xeral: Santiago é unha comarca moi amplia en canto a poboación e moi dispersa, tamén ten coma no resto das áreas moitos problemas polo déficit de persoal sanitario que empeoran a xa debilitada atención primaria, problemas agravados e evidenciados máis aínda tras a pandemia que seguimos a sufrir dous anos despois. Como digo non hai nada reseñable mais das flores que se bota a si mesma e ao seu séquito polo que ela considera boa xestión, algo no que moitas discrepamos. Pero non é precisamente ese o tema a tratar, eso daría para dous ou tres artigos máis aparte. Eso si, está moi orgullosa da enfermería de Santiago como tamén de Ourense, a outra área onde tiveron o pracer de contar ca súa presenza.
Do que hoxe quería falar é dun paragrafo que me chamou especialmente a atención. Nun momento determinado se lle pregunta que impresión lle merece as novas xeracións de enfermeiras ao que ela responde, e cito textualmente: “Salen con una formación excelente porque las docentes son muy exigentes, hay gente buenísima. Pero creo que hay una parte de las enfermeras que vienen que no son conscientes de la carrera que han elegido, de lo sacrificada que es esta profesión y como afecta a tu vida personal y familiar. La enfermería además exige mucha empatía para cuidar correctamente a los pacientes. Es una carrera con mucha salida profesional y me da la sensación de que hay un porcentaje elevado de personas que la eligieron sabiendo que al terminar tendrían trabajo. Eso en nuestra profesión no vale, las enfermeras tenemos que estar reciclándonos constantemente, ampliando conocimientos, formándonos de manera continua, no es estudiar en la facultad y se acabó”. Primeira puñalada.
Pero non contenta con esa resposta, volve con outra de igual ou similar calibre na seguinte pregunta, a de que se pensa que se perdeu a vocación que tiña a súa xeneración ou se quizais hai unha percepción menos clara do que implica ser enfermeira, e aí vai a súa resposta maravillosa: “Yo creo que sí. Se viene comentando desde hace un tiempo que hay un mayor abandono de la profesión por las condiciones actuales, dificultad para conciliar familia y trabajo, y es verdad. Yo soy la primera que quiero que la enfermería, así como ha ganado reconocimiento profesional, lo tenga a nivel retributivo. La enfermería en nuestro país tiene cosas buenas y malas. Si te vas a Reino Unido seguramente cobres más pero es un sistema sanitario muy diferente al nuestro, allí no existe la figura de la auxiliar de enfermería que es fundamental para nosotras porque nos liberan de parte del trabajo. Es una profesión que te tiene que atraer desde el primer momento porque exige una gran responsabilidad de cada una de nosotras: la evolución de una persona dependerá de cómo apliques los cuidados. Tienes la vida de una persona en tus manos y esa es una responsabilidad tremendísima, que lleva asociada una carga de estrés importante, y debes saber gestionarla”. Toma!
Agora resulta que deixamos o traballo no que nos formamos con todo o esforzo posible e que nos dá máis penas que ledicias porque non temos suficiente vocación, non como na súa xeneración. Vaia, e eu que pensaba que a enfermería galega marchaba porque aquí o abuso laboral e a precariedade está tan na orde do día que chega a ser asfixiante, que decidían abandoar á súa familia e aos seus seres queridos para embarcarse en aventuras que, en moitas ocasións, nin imaxinaban porque, por moito que ames a túa profesión, por moito que penses que é o máis bonito do mundo e por moito que chegaras incluso a dar a túa propia saúde polo ben dos teus doentes, a resposta dos que están por riba túa é sempre a mesma: non es máis que un número nun listado de contratación, se che interesa ben se non… porta.
Pois non, según esta señora e máis que pensan coma ela, o tema está na falta de vocación, esa vocación perdida de xeneración en xeneración, claro que o que ela non di é que cando ela era só unha rapariga que non tiña nin idea de onde se metera, os contratos ca administración pública non eran de un día, ou de dous, que non se adicaban a pulular por todo o hospital na mesma quenda sen poder nin mirarlle a cara aos pacientes, que non tiña que estar co teléfono na ducha metido para non perder unha chamada de contratos e, por ende, un contrato en si mesmo. Tamén é certo que nos seus tempos non había nin teléfonos móviles, gustaríame saber como acturarían elas cando había que estar a expensa de que un teléfono fixo soase para dar un contrato, día tras día. A ela seguro que non a chamaron ás 3 da mañá porque alguen se puxera mal nalgún punto do hospital e tiñan que sustituílo cando nin tan siquiera estabas anotada nas listaxes de pull, ou dubido moito que a chamaran ás dúas da tarde para empezar ás tres porque se lles olvidara de cubrir a alguén. Non, o problema é a falta da bendita vocación.
Pois a mín gustaría informarlle a todas e todos que caen na mesma idea de que se non morres polos demáis non eres boa profesional, que as enfermeiras de hoxe en día temos tanta ou máis vocación que as de antes, posto que a maioría leva dous anos ao pé do cañón, traballando horas e horas, facendo días de máis e dobrando quendas por non ter quen cubra ao persoal que vai caendo polo camiño, tendo que estar horas moi longas cos epis postos ca incertidume de se realmente serven para algo, que levamos anos e anos sufrindo precariedade e aínda así seguimos respondendo as chamadas ata con boa cara a sabendas de que che van dar unha miseria de contrato, e da igual que leves dous días traballando no Sergas que leves 15 anos, o trato ven sendo o mesmiño e seguimos aí. Non señora non, a xentiña non marcha porque no Reino Unido paguen máis, que os cartos o mesmo que veñen se van, marchan para esos lugares porque ofrécenlle boas condicións e moito respeto, algo do que aquí hai moita carencia. Non marchan porque non teñan vocación se non porque precisamente teñen de máis e non queren perdela. E a vocación e o sacrificio debe saber que son cousas moi diferentes, por vocación unha pode sacrificar moitas cousas pero nunca debería sacrificar a súa saúde física e mental. De que nos vale a vocación para dar coidados se non se nos coida para que non a perdamos?
Falemos máis de como coidar as que coidan de nós e deixemos xa de falar da bendita vocación.
Es una vergüenza