Boas, pandemials! Canto tempo sen pasar por aquí. Non foi por falta de motivos, que xa sabedes que a vida no Sergas pódese describir como “una serie de catastróficas desdichas”. Pero tamén é verdade que non vai ser todo soltar veleno, tamén hai que traballar algo.
Entendo que non vos teño que introducir moito o tema do que vou divagar, porque non se fala doutra cousa (sí, cando parecía que a bomba do ano era a sesión 53 de Bizarrap con Shakira, resulta que non, que o Sergas tamén se marcou un “perdón que te sal-pique”). Digamos que estamos comezando o ano bastante forte. Sí amigas, refírome a convocatoria da Ope en xuño. Se esto non é un bo plot twist que veñan os executivos de Netflix e o vexan.
É certo que para os que nos tomamos o estudo con relaxación e filosofía, novembro, data máis que probable da oposición segundo o que dicían eles hai apenas unhas semanas, parecía aínda un futuro moi lonxano. Xuño xa queda máis preto, pero independentemente dos que empezaran a estudar hai tres anos ou dos que aínda lles estamos quitando o po ós apuntamentos, a decisión de facer a Ope neste mes é básicamente querer ver o mundo arder.
Recapitulemos. Xuño é un mes vacacional, pero podemos entender que os xefazos non entendan a diferenza, é o que ten vivir nun xuño permanente. Ben, os fixos, coa súa praza e a súa estabilidade, teñen dereito ás vacacións. Os sustutitos, esa raza que cada tres ou catro anos peregrina a Silleda como un acto de fe, teñen que facer un exame todos o mesmo día. A pregunta é, pechamos os hospitais o día do exame por falta de persoal? Facemos cadrar o examen cun Madrid – Barsa para que ninguén note a nosa ausencia? Poñeránse os supervisores e supervisoras a traballar mentras os demáis nos examinamos? Esta última pregunta é retórica, claro, tipo, a qué cheiran as nubes?
Qué sacan eles con poñer a Ope a terceira semana de xuño? Pois ademáis de foder ó persoal, algo no que son expertos, creo que pouco máis, porque é unha decisión que non ten sentido se mire por donde se mire. Reafirma a teoría popular que di que canto máis inútil es, a un cargo máis alto aspiras. Seguro que se vos poñedes a pensar na xente que coñecedes, estaredes dacordo 100% coa miña teoría.
Máis eu veño romper unha lanza en favor dos directivos, e dicirvos que, moi no fondo, están a pensar no noso benestar. E como non, vouvos dar probas, que enfermería é unha profesión científica, non somos unha panda de chamanas con rolos de esparadrapo colgando por todos lados. Primeiro, imos ser honestos, quen ía estudiar de verán? Na praia os apuntamentos acaban rebozados como un filete de polo, na piscina raro será que non se sal-piquen (vale, poida que a pesar da bomba do Sergas, o de Shakira nos calara máis fondo), e xa non falemos de levalos ao hospital, todos sabemos que cando o turno está tranquilo e alguén quere aproveitar para repasar, acontece unha ecatombe. Segundo, novembro? Home, de todos é sabido que novembro é a época de ir ver as luces de nadal a Vigo, non de estudar. Terceiro e último, non por elo menos importante, poñendo a oposición en xuño malo será que nos chova enriba mentras esperamos a entrar, cal gando esperando ir o matadoiro. E que claro, xa está un tan escaldado que o colle todo do revés, pero aplicando a filosofía Mr. Wonderful “no sabía que ponerme y me puse contenta”, non é todo tan malo.
Veña, non vos convencín, isto é unha merda. Só me queda desexarvos moita sorte, pedirvos que non abusedes das benzodiacepinas porque estos merdas non o merecen, e que non lle desexo ningún mal á persoa que puxo a data, pero espero que se algún día lle teñen que coller unha vía só queden en stock abocatths do 18.