¿Sábedes cando tedes unha voda, pero dubidades se mercar un vestido que, total, só ides usar unha vez? Pois este ano está a pasar un pouco coas cerimonias de premios. Cando nos outorgaron un premio Princesa de Asturias que ninguén pediu, creo que moitos de nos non acudimos por non mercar roupa para a ocasión, pero coas bromas xa nos deron outro, así que vai haber que ir pensando en comprar algo elegante, porque a este paso amortizámolo.
Diredes, ¿que sarta de tonterías son esas? ¿a quen lle importa a roupa? Xa, xa, pero, ¿qué queredes que faga? Esto é o coñecido dito “rir por non chorar”. Mentras eles nos dan medallas, eu podería irme de vacacións se me deran un euro por cada guante que me rompe nada máis poñelo. E estaredes dacordo que, depende onde teñas metido o dedo, un guante íntegro é de agradecer.
O noso querido presidente, despois de revalidar un título que a todas luces lle queda grande, veuse arriba outorgándonos honores que quizáis sirvan para encher 5 minutos do telexornal serán da TVG, pero para pouco máis. A sanidade pasa polo seu peor momento, listas de espera eternas, material cada vez peor, persoal en éxodo cara as privadas…
Estou a vivir un verán no que non hai sustitutos, cando de todos é sabido que é a nosa temporada alta. Os hospitais non distan moito de ser como os pobos costeiros, nos veráns enchense de xente nova que os lugareños non coñecen, a diferenza é que no pobo son os turistas e no hospital son os “novatos” (e digo con todo o cariño do mundo, que todos vimos de ser novatos).
E este ano nin turistas nos pobos nin novatos nos hospitais. É normal, moita xente que compaxinaba traballo na pública e na privada, ante a diatriba de ter que escoller, prefiren contratos máis estables nas institucións privadas, aínda cando o soldo sexa inferior e a carga de traballo, moitas veces, maior. Pero e que a xente sen praza comemos todos os días, non so os meses de verán.
Así que, señor Feijoo, moitísimas gracias pola medalla, pero pode colgala vostede, total, os políticos xa están acostumados a colgarse medallas por non facer nada. Mentras tanto, eu seguirei facendo turnos a maiores porque non hai xente dispoñible, rezando para que os guantes aguanten toda a operación “introducción de enema” e sorrindo cando a xente protesta porque a sanidade está mal e logo o día das votacións seguen a dar o seu voto a quen desmantelou todo (Verín, ¿en serio? ¿os conceptos amor propio e espíritu de loita resultanvos familiares? Porque ata onde eu sei, tivestes que loitar con unllas e dentes por algo que era voso de pleno dereito, e aínda así volveron gañar… ).
Eso sí, xa teño o vestido na cesta da compra da páxina do Bershka a punto de mercar, que vexo que se me acumulan os eventos, eu creo que o próximo en caer é o Nobel (e si, do Bershka, que teño medallas pero non praza, e como sigan subindo os anos traballados, así será por moito tempo).
Xa que non temos moitos dereitos para disfrutar, polo menos disfrutade das medallas compañeiros/as!