Enfermeiras eventuais en Loita non é un caso illado de movilización dentro da Sanidade Pública Galega. Coñecidas son as reivindicacións tanto de diferentes colectivos profesionais coma de pacientes, que poñen de manifesto que existe un problema real.
Dende o inicio das nosas reivindicacións sempre tivemos presente que alén do profesional estaban as pacientes, polo que cremos que a movilización é necesaria e imprescíndibel; polo que tras a asamblea autonómica de Enfermeiras Eventuais en Loita, realizada a semana pasada, e sempre dende a non-adscrición política nin sindical, acordouse con total unanimidade apoiar e acudir a Manifestación organizada por SOS Sanidade Pública o próximo Domingo 9 de Febreiro.
É por iso que chamamos a movilización de todas e todos os usuarios e profesionais da sanidad pública para que participen na mesma co obxeto de parar o desmantelamento e garantir o acceso de toda a poboación aos coidados de calidade.
Vémonos o domingo en Santiago de Compostela.