O Parlamento vén de crear unha comisión para reactivación económica, na que entre outras liñas se debuxará a do futuro da nosa sanidade pública.
“Enfermeiras eventuais en loita” fomos convidadas a participar na mesma, como único colectivo de persoal de enfermería. Co traballo realizado até o de agora e sempre mirando cara a mellora da calidade asistencial, tentaremos achegar as nosas propostas e contribuír a mellora do noso sistema sanitario.
Este venres voltaremos ao Parlamento para dicir, unha vez máis, que mudar as nosas condicións laborais, mellora a calidade dos coidados á vez que os fai máis eficientes; e ao igual que o fixemos no Parlamento Europeo daremos visibilidade a tantas compañeiras precarizadas polo Servizo Galego de Saúde.
“Imagen del Banc d’Imatges Infermeres. Autoría: Ariadna Creus y Àngel García”