Desde o noso colectivo queremos facer chegar a poboación o seguinte comunicado relativo á campaña de vacinación da COVID-19.
- En primeiro lugar, temos a obriga de poñer en valor a labor das enfermeiras como persoal competente para a vacinación, así coma as encargadas de controlar os efectos adversos de todas as vacinas.
Non só somos o persoal competente para levar a cabo esta campaña, senón que debemos levala a cabo nun entorno seguro para as e os pacientes, que nos permita atender e atallar as posibles reaccións adversas que poden acontecer tras calquera vacinación. - Dende o inicio da campaña de vacinación da Covid-19, algúns medios de comunicación e mesmo algúns responsables políticos, están a poñer en dúbida a capacidade das enfermeiras coma encargadas desta campaña vacinal tan importante.
De feito estanse a poñer enriba da mesa dende voces sen o debido coñecemento na materia, propostas estériles e ineficaces como a “autovacinación” cidadá, a vacinación “pola ventanilla do coche”, a realización da campaña por parte de persoal sanitario non capacitado ou incluso formar a persoal non sanitario en primeiros auxilios para realizar unha labor para a que xa existen profesionais perfectamente capacitadas. Incluso se escudaron no déficit de profesionais, para derivar a vacinación a organizacións privadas co diñeiro de todo o mundo.
Todas estas opinións, aínda que respectables, están lonxe da realidade. Somos nós as enfermeiras quen, a pesar de sufrir recorte tras recorte, voltaremos demostrar sobradamente o noso valor e incluso poderemos dotar dunha maior velocidade á campaña de vacinación contra a Covid-19. - Por outro lado e en forma de reivindicación polo público, rexeitamos de pleno a externalización dos servizos de vacinación coma se está a facer nalgunha comunidade autónoma, con calquera empresa privada ou organización.
A saúde pública debe ser sempre responsabilidade da sanidade pública, e unha campaña correctamente planificada non precisará duns servizos privados que buscan a vacinación de clientes e non de doentes, nunha visión mercantilista e frívola da sanidade pública.
Por estes motivos e debido ao recente inicio dunha campaña de vacinación tan importante coma a que estamos a vivir, queremos mandar unha mensaxe de tranquilidade á poboación.
Coma enfermeiras do Servizo Galego de Saúde estamos completamente seguras de que todas nós máis as nosas compañeiras imos poñer a nosa total disposición para vacinar a toda a sociedade galega, facendo o necesario para garantir a sua inmunidade.
Desta maneira, podemos aseverar con rotundidade que a campaña de vacinación contra a Covid-19, non se parará en ningún momento pola nosa falta. É máis, será completamente segura para os doentes e usuarios da sanidade pública e a sua vez eficiente para os recursos públicos. Uns recursos que deberán garantir a seguridade e a calidade da atención. Nós as enfermeiras, estamos sobradamente preparadas e listas para vacinar.
Comparto!!!!