Dende o noso colectivo recalcamos a necesidade de investir para mellorar a situación das enfermeiras e do resto dos profesionais sanitarios e non sanitarios, mellorando o seu desenvolvemento, a formación e por suposto as condicións laboráis.
Antonio Fernández-Campa, ex-Xerente do Sergas, afirmou en marzo do 2019 que a precariedade no Servizo Galego de Saúde “no es una situación habitual” e que “el 85% de los trabajadores del SERGAS están en vínculos estables”. Tamén o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo declarou que o 88% do persoal ten un “nomeamento definitivo”.
A afirmación do Sr. Presidente quedou en entre dito polos datos ofrecidos polo Consello de Contas, remarcando o dato da temporalidade dos profesionais sanitarios e non sanitarios nun 40%. A enorme inestabilidade do persoal e coñecida por todas e todos os traballadores agas polos políticos e xestores de libre designación elexidos por políticos.
Dende o inicio das nosas movilizacións, reclamamos un Sistema de Rexistro de Persoal necesario para poder cuantificar e definir as prazas actuáis e as necesidades futuras pero a Xunta prefire a ocultación destes datos para a sua manipulación para uso político.
Carecemos dunha listaxe pública de contratación actualizada a tempo real na que poder ver as contratación realizadas así como o tipo de contrato. A ausencia destes datos permite de novo, a manipulación dos mismos.
Grazas polo traballo que facedes ; )
O q sinto é moita indefensión, non temos vida, con contratos de un mes como ven sendo habitual, sobre todo en Ourense, nunca sei q vai ser da miña vida o mes seguinte, non podo facer previsión, non podo facer plans mais ala do día seguinte, co q implica depresions, indefensión, e sobre todo impotencia, non hai calidade na sanidade, si nos estamos queimados, repercute na nosa saude e no traballo q temos q desenrolar o cal evidentemente non podemos facer como realmente nos gustaría.b
Desastre de xestión. Tanto da xestión da pandemia polo Sergas como da propia contratación. Indigno de todo.