Dende fai tempo quixemos denunciar a falta de transparencia relativa os datos dos traballadores do SERGAS. E por iso quixemos facer un estudio de campo na maioría das EOXIS para levantar a voz contra a precariedade e a elevada taxa de persoal estatutario temporal na categoría de enfermeira.
Os datos reflectidos no mesmo acheganse, e nalguns distritos vense máis elevados, ós datos publicados polo Consello de Contas relativos ó ano 2017 o cal situaba os índices de temporalidade nun 40% en Atención Especializada e 28,1% en Atención Primaria, observándose un incremento interanual dos mesmos.
No ano 2016 situábanse, respectivamente, nun 37,6% e nun 26,3%, onde “a nivel global obsérvase unha disminución interanual de 582 efectivos medios de persoal propietario e un aumento de 708 interinos. En canto ás contratacións temporais de eventuais e substitutos aumentaron en 270 efectivos respecto do exercicio anterior, o que en termos porcentuais representou un incremento do 3,3%.“
Cabe destacar que a Relación de Postos de Traballo (RPT) do ámbito de Función Pública conten arquivos coa relación actual de postos de traballo no ámbito da Función Pública, tanto para o caso do persoal funcionario como do laboral pero exclúese a Relación do Persoal que presta os seus servizos no ámbito docente e no sanitario, é dicir, os datos non son públicos.
Queremos aclarar que todos os datos aportados para o estudo, foron ofrecidos de forma voluntaria polo persoal e recopilados con data fin do 30 de septembro do ano 2019, co único obxeto de coñecer a sua condicion laboral dentro do SERGAS, uns datos reais e fehacentes que debería ofrecer a Administración.
O estudo de campo
Realizase a análise dos seguintes distritos:
- A Coruña
- A Mariña
- Cee
- Ferrol
- Lugo
- Monforte
- Ourense
- O Salnés
O 64% (n= 2236) dos traballadores destes distritos son traballadores fixos.
O 29% (n=1044) son traballadores con vacante.
O 7% (n=213) son ocos libres, cubertos con acúmulos de tarefa.
TOTAL DISTRITOS
PLANTILLA | 3.493 |
FIXO | 2.236 |
VACANTE | 1.044 |
ACUMULO | 213 |
Na seguinte táboa reflictense os datos recollidos no estudo:
Provincia de A Coruña
Provincia de Lugo
Tanto no distrito de Lugo como en Monforte as cifras correspóndense coas publicadas nos informes del Consello de Contas.
Provincia de Pontevedra
Dentro dos distritos nos que se realizou o estudio, o dato do Salnes é o máis alarmante. Tan só o 45.1% é persoal é fixo, a eventualidade cifrase por encima do 54%.
Provincia de Ourense
No novo Hospital Universitario de Ourense a taxa da eventualidade é moi significativa sendo esta o 45%.
Atención Hospitalaria vs Atención Primaria
A continuación desglosamos as diferencias entre Atención Hospitalaria e Atención Primaria no ámbito autonómico:
Conclusión
Con este estudo pretendemos mostrar a realidade e por outra banda desmentir as palabras do Conselleiro Jesús Vázquez Almuiña, do presidente da Xunta e do Xerente Antonio Fernández-Campa , que cifraban no 88% ó persoal cun contrato estable dentro do Servizo Galego de Saúde, datos claramente terxiversados para maquillar a realidade.
Pero a realidade actual é que nás 8 áreas estudadas o computo total de eventualidade é dun 35%, xa que o nomeamento de carácter interino do persoal que cubre unha vacante é Personal Estatutario Temporal, coma así o reflicte o Estatuto Marco Ley 55/2003, de 16 de diciembre.
A ocultación desta realidade pode ter sentido se o que pretende a Administración é evitar a presión lanzada dende diferentes institucións comunitarias coma a Comisión Europea, que recomendou no seu informe do primeiro semestre do 2019, “reforzar as inspeccións de traballo para evitar o abuso de contratos temporais” advertindo que “os xestores seguen facendo un uso extremo dos contratos a curto prazo“.
Se existise un Rexistro Público de persoal fixo e eventual debidamente actualizado, para que todas as traballadoras e traballadores pudiesemos acceder, éste estudo non sería preciso, pero a transparencia non existe e os datos son opacos e terxiversados.
É por ese motivo polo que reclamamos total transparencia á Xunta de Galicia e á Consellería de Sanidade, porque sóamente cos números públicos e reais poderemos cuantificar e definir con exactitude as prazas actuais, a súa cobertura e as previsións de xubilacións ca fin de coñecer o estado real da totalidade do cadro de persoal de Enfermeiras do SERGAS.
Mentres os erros e fallas da Administración non se subsanen, nos seguiremos a reclamar solucións por unha sanidade mellor para todos. Non pararemos.
“Imagen del Banc d’Imatges Infermeres. Autoría: Ariadna Creus y Àngel García”
2 thoughts on “Estudo de campo: A situación real da enfermaría galega no SERGAS”