Félix Rubial Xerente do SERGAS en Ourense, convocou ás mulleres embarazadas da área sanitaria para explicarlles xunto co xefe de Xinecoloxía e o de Pediatría os motivos polo que a partir do 1 de decembro, o paritorio do Hospital de Verín pecha.
Unha das razóns que esgrimiu Félix Rubial para o peche do paritorio, foi que debido o baixo nivel de nacementos na zona as enfermeiras obstetrico-xinecolóxicas “perderon a experiencia” e a “man das profesionais” tamén, e polo tanto non van consentir que ningunha muller e nenonato de Verín “teñan máis riscos dos que corresponden“.
As súas verbas basadas nos informes do xefe de Xinecoloxía, Xosé Lois Doval, que explicou que a decisión de cerrar o paritorio de Verín baseouse en critérios técnicos que buscan o benestar da nai e do neonato, contrastan coa pésima xestión da contratación das enfermeiras eventuais nas que, sen experiencia algunha, están obrigadas a traballar en determinadas especialidades sen experiencia previa e en caso de non aceptalo, serían penalizadas sen traballar.
Dende o noso colectivo queremos mostrar o noso total apoio as compañeiras e compañeiros do Hospital de Verín, as nais e nenos da área e a toda a poboación de Verín. Non debemos permitir o desmantelamento da nosa sanidade e o desmembramento do rural galego, así coma penalizar as nais galegas que viven nel.
Por outra parte non podemos quedar caladas e denunciamos as palabras do Xerente Félix Rubial, de novo no punto de mira trala súa xestión no caso da Hepatite C, e mostrar a nosa total repulsa por pretender culpar o peche do paritorio ás profesionais obstétrico-xinecolóxicas. E por iso que requerimos a sua dimisión de forma inmediata.
Por outra banda invitamos a toda a cidadania e poboacion galega, asociacións, sindicatos e forzas políticas a que formen parte da Manifestación en defensa da Sanidade Pública na Comarca de Monterrei este sábado 30 de novembro ás 17:00.
Nin un paso atrás para a Defensa da nosa Sanidade Pública. Agora ou nunca, porque onte foi O Barco, hoxe é Verín, mañá poderá ser Monforte, Cee, O Salnés ou Burela.
E Moi necesario para non ter que desplazarse eu Galo por experiencia propia que teño 4 fillos e podo ter mais
Soy enfermera y madre de 3 hijos, mis 2 mejores partos fueron atendidos por matronas y mi peor y primer parto atendido por ginecólogos el cual derivó en cesárea.
Menudo sinverguenza!!! Eu din a luz fai nove meses en verin acompañada de matronas, unha maravilla!!