Onte eramos todas e todos as que estabamos pero non estabamos todas as que somos. Por moito que o baile de números cambie, que o 40% da Enfermería é eventual é unha realidade. Realidade que anda polas 10.000.
Cada día o colectivo de Enfermeiras Eventuais en Loita traballa e medra, e leva con orgullo esta loita por bandeira, facémolo contra moitas adversidades entre elas por exemplo os kilometros que separan as companheiras da Mariña das de Ourense que igualmente traballan man a man. Aínda así non nos han calar e seguiremos.
E coma di o cántico, “en loita estamos e en loita seguiremos“.