Na procura dun compromiso de cambio

Tras o inicio do novo curso parlamentario e co cambio do titular na Consellería de  Sanidade, desde o noso colectivo consideramos que chegou o momento de que a Administración se comprometa, con moita brevidade, a realizar cambios en profundidade.

Derivada das políticas aplicadas nos últimos anos polo SERGAS, sufrimos na actualidade unha gran carencia de profesionais. A moitos deles a política de Recursos Humanos non lles permitiu conciliar a súa vida laboral e persoal. Miles emigraron en busca dunhas mellores condicións, non só a países estranxeiros senón a comunidades autónomas próximas á nosa. Outros moitos deixaron de exercer porque este esgotador sistema acabou afectándolles directamente

Esta situación provocada en gran medida pola enorme temporalidade e inestabilidade do persoal, só terá solución se desde a Consellería de Sanidade e a Dirección Xeral de Recursos Humanos se aposta por facer do persoal o verdadeiro aceno de identidade.

Como recoñecemento ao importante labor que estivemos e estamos a realizar, é imperativo  revisar e cambiar as políticas vixentes e poñer en valor ao persoal. É por iso que tras reflexionalo, só contemplamos un único camiño para poder fidelizar a todos estes profesionais.

Queremos facer do SERGAS un sitio onde os mellores profesionais queiran estar e poder achegar para melloralo día a día. Para iso é necesario que prime o diálogo e o consenso tanto por parte da Consellería de  Sanidade, como das forzas políticas e sindicais así como non fuxir da autocrítica.

Así pois reclamamos un urxente cambio que permita manter e estabilizar aos profesionais e permitir o retorno de todos os que xa non están, así como a aplicación dos cambios que esta organización reclamou desde a súa creación sempre cun enorme afán de colaboración.

Urxe doutra banda unha renovación nas diferentes Direccións e Cargos Intermedios do SERGAS, para que eses postos de libre elección sexan cubertos por persoal realmente capacitado para o seu labor, garantindo a pesar diso, os principios de igualdade, mérito e capacidade.

Resumindo, confiamos en que as substitucións realizadas tanto na Consellería de  Sanidade, como na Dirección de Recursos Humanos e na Xerencia do SERGAS, non queden en simples cambios cosméticos.


Polo tanto, para tratar estes temas e coñecer as futuras estratexias de recursos humanos neste próximos catro anos de lexislatura solicitamos unha reunión co Conselleiro de  Sanidade, Julio García  Comesaña e coa Dirección Xeral de Recursos Humanos.

“Imagen del Banc d’Imatges Infermeres. Autoría: Ariadna Creus y Àngel García”

Deixar unha resposta