Dende Enfermeras Eventuais en Loita queremos manifestar a nosa decepción por non ter podido levar a cabo a concentración de outubro “Pola Transparencia” no Hospital Lucus Augusti (Lugo) encadrada na iniciativa ’12 meses 12 loitas”.
Tras ser advertidos polo responsable de seguridade do Hospital Lucus Augusti en setembro, solicitamos autorización á xerencia do hospital para a concentración de outubro.
Na solicitude indicamos o propósito da concentración indicando tamén que non suporía ningún tipo de impedimento ou molestia ao normal funcionamiento do hospital como non o foron ningunha das outras concentracións que fixemos estes meses atrás.
Todas as reclamacións de Enfermeiras Eventuais en Loita van dirixidas a conseguir mejorar unha sanidade pública para toda a poboación pero parece ser que a xerencia do Hospital Lucus Augusti non ten o mesmo obxetivo.
Unha vez máis o SERGAS e en concreto a xerencia do Lucus Augusti volve a demostrar que non ten ningunha intención de mellorar a situación laboral dos profesionais nin o benestar dos usuarios. Non podemos informar a xente nin temos liberdade para expresar o noso malestar. Ese non é o camiño.