Nunca pensei que ia lembrar a miña primeira visita ao Parlamento galego pola dificultade que supuxo entrar nel. Iamos presenciar a intervención do PSdG coma convidados sen voz nin voto, pero tampouco nunca pensei que esa frase ía ser tan literal. O periplo comezou sorteando ata catro controis de acceso, onde se nos deixou claro que o logo do noso movemento, debía de representar algunha ameaza, porque lles parecía moi importante que non o amosáramos.
Así que, nada de mostralo noso descontento coa situación de precariedade que sufrimos como enfermeiros, nada de aplausos ás intervencións que nos representaban, nin críticas ás que non. total, caladiños e sen “jalear”.
Unha vez dentro do hemiciclo, fixóseme raro escoitar coma falaban da nosa situación laboral, e mentras a algúns lles parecía o suficientemente importante para defendernos, outros se adicaban a miralo movil ou o periódico, a entrar e sair da sala, ou nin sequera a estar presentes, xa que non había ningún conselleiro. ninguneo total.
Pero bueno, quedan varios momentazos que é necesario resaltar:
- Momentazo 1: “Cierren las cazadoras”… parece que os logos molestan porque falan por sí sos.
- Momentazo 2: Saída (ou debería dicir fuxida) do Conselleiro de Sanidade xusto diante de nós, curiosamente antes de debatir no Parlamento un tema relacionado directamente coa sua función: a situación da sanidade galega. Queremos creer señor Almuiña, que tiña algo moi importante que facer, xa que parece que o colectivo máis numeroso da sanidade galega, non se merecía a súa presencia no pleno.
- Momentazo 3: As intervencións dos representantes do PSdG, En Marea e BNG. Agora que ninguén nos vixía, vos mandamos un forte aplauso.
- Momentazo 4: Aurelio nos sauda (supoño que de parte do Conselleiro) e de paso nos ofrece o hit do día: escoitar cómo lle chaman a Julio Torrado “influencer”, non ten prezo.
Total, unha nova experiencia, compartida con compañeiros de toda Galicia, da que esperamos que saian futuros resultados, e a frase do día “coida a quen te coida“, porque mañá, calquera deses “representantes públicos ” no Parlamento que ignoraron de novo a realidade é a transcendencia da nosa situación, pode que teñan que ser atendidos por calquera de nos.
¡Menos mal que nos sí asumimos con inmensa responsabilidade e vocación o noso traballo!
Non sei o que deparará o futuro, pero a forza facémola todos.
Seguimos en loita.
Opinión dunha Enfermeira Eventual en Loita no Parlamento de Galicia