No día de onte en rolda de prensa, Alberto Nuñez Feijóo anunciou a posta en marcha dun “contrato de estabilización” que acollerá “sobre 100 enfermeiros”, e que busca “garantir a súa estabilidade laboral” e “reducir o número de contratos excesivos”. Dende Santiago, este contrato de continuidade é anunciado pola Xunta coma un oasis no medio do deserto cando na realidade é un simple espellismo.
Se nos poñemos en situación, este mesmo tipo de contrato foi ofertado previamente aos médicos de familia e pediatría sen obter aceptación. A pesar diso desde diversos medios de comunicación vendeuse coma un éxito, cando a maioría optaron por rexeitalo tras coñecer as súas condicións. Unhas condicións que xeran unha falsa sensación de estabilidade.
A Administración leva moito tempo recorrendo a formas alegais para cubrir ausencias do persoal fixo: non se cobren moitas das incapacidades temporais dos traballadores fixos, refórzanse os persoais das plantas con contratos de acúmulos de tarefas tamén usados para cubrir “ocos” estructurais, impedindo e alongando a súa conversión a vacante.
Cremos firmemente que todas estas alegalidades veranse incrementadas coa posta en marcha deste contrato eventual de continuidade e polo tanto dará pé a que dende o Servizo Galego de Saúde se siga permitindo unha “contratación fraudulenta” como asegurou que existia pero “non sempre” a directora de RRHH o martes na Comisión Parlamentaria.
Polo tanto consideramos esta proposta de contrato de continuidade, coma un parche que alongará inda máis a precariedade na enfermaría e creemos que non é compatible reclamar estabilidade e aceptar pola nosa parte un contrato que te perpetua na precariedade. É por iso que non entendemos outro camiño que non sexa:
- Xerar todas aquelas prazas que se perderon durante a crise e non se cubriron debido á Taxa de Reposición
- Aumentar o número de enfermeiras contratadas. Por cada mil galegos hai 5,37 enfermeiras. A terceira peor taxa de toda España, á cola da península e de Europa.
- Coñecer os datos reais da situación dos profesionais para que unha situación coma a actual non volvan a ocorrer. Transparencia 100%
En resumo, de novo volvennos a ofrecer migallas pero a enfermaría xa está cansa de esperas. Agora é tempo de apostar por ela sen titubeos. O tempo de estar calados xa rematou.