No Servizo Galego de Saúde continúa sen existir unanimidade nas contratacións nas diferentes áreas e distritos sanitarios.
O Sergas aproveitase da posibilidade de renovar a xente que está con contrato, saltando a orde das listaxes de contratación. E sen informar adecuadamente ás suas traballadoras, que dous días antes (hoxe as 12 da mañá) seguíamos sen saber onde e como, ou se traballaríamos durante o vindeiro mes.
Mentres, outras profesionais con Acúmulo de Tarefas que desempeñamos a nosa labor en plantas COVID, aínda non nos comunicaran como e cando iamos traballar o mes de Maio. Non falamos soamente de persoal de reforzo senón de profesionais que estamos cubrindo ocos libres.
Á última hora da mañá moitas compañeiras seguíamos sen saber o noso futuro, e outras estabamos a ser renovadas despois de que onte se nos dixese o contrario.
Desde o noso colectivo, voltamos esixir transparencia e coherencia, estabilizacion de prazas, respeto á orde das listaxes e igualdade.
Continuamos co mesmo sistema de avisos case no momento de nos incorporar e asignación de carteleiras un día antes de comezar o contrato ou incluso no mesmo día. Se somos tan importantes porque nos tratan con esta humillación e desleixo?
“Imagen del Banc d’Imatges Infermeres. Autoría: Ariadna Creus y Àngel García”