En plena crise sanitaria polo brote de coronavirus, o SERGAS deixa sen dar uso á súa única unidade de coidados intensivos dentro do Complexo Universitario de Pontevedra (CHUP).
A Unidade de coidados intensivos do Hospital Montecelo totalmente equipada- con 10 camas- permanece pechada desde o pasado Mércores 22 de abril en plena crise sanitaria asistencial. Durante esta pandemia, a falta deste tipo de instalacións provocou a modificación doutras unidades análogas dentro do propio complexo hospitalario como foron a REA e a URPA; a creación de novas unidades de similares características dentro do mesmo Hospital como foi a CMA, e mesmo provocou o traslado de pacientes a outras unidades de UCI de xestión privada como as do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez. Mostras significativas da saturación dos Hospitais pertencentes á área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Desde a Xerencia do Hospital Montecelo, maniféstase a necesidade do peche desta unidade, por diminución do número de ingresos de pacientes criticos Covid, decidindo de forma unilateral, que era o momento ótimo para a realización de obras de mantemento, sen concretar o alcance nin os prazos de realización das mesmas. Estas políticas de uso tomadas polo órgano de administración hospitalario non respectan as normas do plan específico de contixencia fronte ao coronavirus redactado polo SERGAS para a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
O Hospital Montecelo atópase na actualidade con pacientes en estado crítico que precisan atención intensiva, trasladados neste momento a unidade non organizada para iso. Como proba deste feito, a unidade de REA, destinada a pacientes postcirúrxicos, tívose que habilitar como a nova unidade de coidados intensivos para pacientes covid-19, os cales deben seguir sendo valorados polo equipo médico intensivista.
Esta decisión produciu unha enorme indignación e descontento entre o persoal de enfermería da unidade, quen foron os primeiros profesionais en recibir aos pacientes covid críticos, tendo así, que aprender a correcta utilización e retirada dos EPIS. Tras a primeira onda de ingresos, os seguintes en recibir pacientes críticos, foron o persoal de URPA e REA progresivamente, os cales buscaron apoio e información no devandito persoal.
Despois de todo o esforzo, tanto físico como psicolóxico, o persoal de enfermería de coidados intensivos, sentese desamparado e á espera de que a dirección decida onde deben traballar os seguintes días, ata a nova reapertura do seu servizo habitual a cal non ten data programada.
Comunicado do persoal da UCI do Hospital Montecelo de Pontevedra.
“Imagen del Banc d’Imatges Infermeres. Autoría: Ariadna Creus y Àngel García”
Si esto es verdad el responsable e ello tiene pie y medio en la cola del INEM. Suerte.
Pois nos tempos nos que vivimos non ten xeito
Me parece una irresponsabilidad muy grande por parte de la cabeza “lumbrera” que tuvo esta idea, se quedó calvo. Tal y como está la situación increíble que se den estas situaciones. Muy fuerte.
Menudas lumbreras ; lo que pasa aquí no se le ocurre a nadie más.