O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, afirmou relativo ás políticas de persoal das residencias privadas, que “no es bueno una rotación alta en el personal que cuida a los mayores, porque eso supone riesgos sanitarios adicionales“.
Unha afirmación que entra en conflicto directo coa política aplicada durante os seus once anos presidindo Galicia. Unha política na que o persoal eventual, máis do 40%, estivo e está a concatenar contratos de días, en diferentes servicios e cunha rotación elevadísima. Xustamente o que equivale a un aumento todavía maior deses riscos sanitarios adicionais dos que fala Feijóo.
Non podemos deixar no olvido os riscos aos que estiveron expostos, tanto o persoal do SERGAS coma os doentes, durante o momento máis agudo da epidemia da Covid. Debido á eventualidade extrema, o persoal tivo que facer rotacións nas que ofertaban contratos de días soltos en Unidades de Hospitalización con casos positivos de Covid, para de seguido continuar noutras onde se atopaban pacientes susceptibles a infeccións coma inmunodeprimidos ou mesmo neonatos.
Nin sequera os xestores sanitarios poden negar a evidencia de que a sanidade galega mostrou una febleza enorme, pese a que a Covid non golpeara coa virulencia doutras comunidades autónomas. E esa febleza, en parte, ven explicada polas políticas de reducción e a elevada rotación e precariedade do persoal.
Pese a iso, o pasado sábado, tras a manifestación de denuncia á precariedade laboral, o seu Conselleiro de Sanidade Almuiña, afirmou nunha entrevista concedida a un xornal de tirada nacional que, pese ás críticas, seguirían na mesma senda. É dicir, continuar apostando polo persoal eventual coma man de obra barata e precaria.
En resumo, Feijóo e a sua Consellería de Sanidade encabezada polo Conselleiro Almuiña pídenlle ás residencias privadas o que eles non son capaces de facer. Nin dar estabilidade nin disminuir a rotación do persoal.
Ese é o camiño das políticas de contratación do actual goberno da Xunta de Galicia. Mentiras e mentiras. O certo é que nin se fan ofertas públicas de emprego todos os anos, nin existe ese plan de estabilidade que pretendeu vender aos que non coñecen a verdadeira realidade.
Non lles fagan caso a estos xestores que tan ben se venden na prensa, porque onde dixen digo, digo Diego. Nós non temos dúbidas, que pase ó seguinte.