Preto de 1500 enfermeiras participaron na enquisa realizada polo noso colectivo, Enfermeiras Eventuais en Loita, sobre a opinión da xestión do SERGAS.
Os resultados non fan máis que confirmar as nosas protestas e reclamacións.
No total das participantes na enquisa o 89% foron mulleres e o 47% teñen entre 30 e 40 anos.
En relación á vinculación que teñen co SERGAS o 71% é eventual fronte o 22% que ten un contrato en praza vacante e o 6% praza en propiedade.
Sen lugar a dúbida un dos datos máis identificativo da excesiva temporalidade que padecemos é que o 62% das enfermeiras asinaron na súa vida laboral máis de 100 contratos no SERGAS.
Unha das promesas do SERGAS foi dar ó persoal 3 días de libre disposición por traballar en unidades COVID durante o primeiro ano da pandemia sanitaria pero tan só ó 40% se lle permitiu desfrutar deses días.
Dentro das nosas reclamacións está a de unificar criterios en todas as áreas e servizos así como establecer e unificar criterios entre todos os postos de supervisión, e de novo esta enquisa aporta datos que afirman o malestar das traballadoras. O 94% considera que existen agravios comparativos entre compañeiras e servizos.
Ademáis o 92% consideran inxusto o sistema de chamamentos que emprega o Sergas e o 57% considera que existen diferenzas entre áreas.
Un dos datos máis alarmantes que nos aporta esta enquisa é que ó 74% das mulleres que traballaron embarazadas non se lle realizou unha adaptación de posto durante a esa etapa laboral. E o peor dos datos continúa xa que o 41% non puideron desfrutar de horas de lactancia e o 24% foilles moi complicado debido o tipo de contratos que se lle realizaban. A conclusión é sobrecolledora xa que o 93% considera que o SERGAS non ofrece un trato axeitado ás mulleres traballadoras embarazadas, e durante a pandemia sanitaria tan só o 13% viu adaptado o seu posto laboral por estar coa lactancia ou en situación de risco.
A transparencia na contratación e listas de selección temporal é outra das nosas loitas e precisa un cambio que debe realizarse de xeito urxente, o 93% das persoas que realizaron a enquisa consideran que na súa área hai falta de transparencia por parte da xerencia, dirección de enfermería e recursos humanos.
A transparencia e información pública é máis que necesaria pero sen embargo o 69% afirma que na súa área non se publica con antelación as vacantes/interinidades e contratos de longa duración que se van ofertar, así como a data prevista para os chamamentos.
Antes da pandemia a problemática podería ser só laboral pero agora o problema afecta ó SERGAS e tamén á sanidade pública que non atopa persoal de enfermería. Esta escasez é debida as condicións laborais tan precarias que ofrece polo que queda patente que o cambio é máis que necesario. A fuga de profesionais é unha realidade, e á pregunta de “algunha vez plantexacheste abandoar a enfermaría pola situación precaria que vivimos durante tantos anos” o 70% responde SI.
Unha das últimas cuestións e que pon de novo en manifesto a precariedade laboral que vivimos é “En xeral cal é o teu grado de satisfacción coa xerencia da túa área, a dirección de enfermería e de RRHH?”, o 69% síntese nada satisfeito e o 28% pouco satisfeito.
Mais unha das preguntas realizadas invita a un exercicio de reflexión por parte das organizacións sindicais xa que só o 8% afirma sentirse representado por elas.
A enfermería galega pide, sen contemplación, un cambio na xestión do SERGAS. Está nas mans das que nos xestionan e dirixen, non podemos seguir estirando a corda da precariedade laboral e da mala xestión.