Desde o colectivo de Enfermeiras Eventuais en loita levamos máis dun ano loitando pola fin da precariedade na sanidade pública. Entendemos desde o primeiro momento que esta era unha problemática que afectaba non só ás enfermeiras eventuais, senón tamén a todos os colectivos que desenvolven a súa labor no ámbito sanitario, e, por suposto, aos usuarios da sanidade pública galega.
Por todos estes motivos nunca reclamamos aumentos salariais nin outras medidas que nos favorecesen por encima deses colectivos antes mencionados, xa que, se ben as enfermeiras somos un colectivo esencial da sanidade, sabemos ben que ante todo, o que debe primar é o ben común de toda a sociedade e o funcionamiento do sistema de coidados.
Durante todo este tempo de loita (e de loito) estivemos reclamando ratios dignos enfermeira-paciente, estabilización das plantillas de enfermería do SERGAS e outras medidas que nos permitan coidar con base científica e coas inmensas capacidades coas que nos faculta a nosa formación pero que a administración se empeña en desaproveitar. Estivemos (estamos e seguiremos) pedindo que coiden a quenes coidamos. As enfermeiras adicámonos a coidar, si, pero, quén nos coida a nós?
Pois hai xente que si o fai. Desde o primeiro momento, houbo un colectivo en concreto que sempre nos apoiou nas nosas reivindicacións, un colectivo loitador e comprometido coa sociedade como poucos e que está a ser maltratado por enésima vez polas administracións.
Este colectivo é o dos traballadores do aluminio de ALCOA.
Así que é por iso que queremos denunciar a destrucción de emprego que se produciu na planta da Coruña durante o ano anterior, e que agora, en contra de todas as falsas promesas realizadas, tamén se vai producir na planta da Mariña Lucense.
A destrucción de centos de empregos, e a falta de solucións a un problema que se vía vir de lonxe debería facer sonroxar as facianas dos sucesivos gobernos do estado español que no se preocuparon en absoluto por este problema e, por suposto, ao goberno do señor Feijoo, especialista en botar balóns fora cando ten o problema no seu tellado.
Desde aquí instamos ás administracións a que busquen solucións inmediatas para os traballadores de ALCOA e que apliquen as medidas necesarias para reactivar o sector secundario en toda a nosa comunidade, pois nin Galicia nin ningunha outra sociedade que pretenda ser autónoma se pode permitir prescindir da súa industria, ao igual que as sociedades avanzadas non se poden permitir prescindir da sanidade nin da educación pública. Por iso, unha vez máis, dicimos #coidaaquentecoida
Pero hoxe, engadimos #coidaaoscompañeirosdoaluminio #salvemosalcoa
Foto de Jose Luis Cernadas Iglesias vía Flickr (https://flic.kr/p/dPNz9y)
Forza