Hoxe presentamos o novo informe corporativo do noso grupo. Este documento marca as liñas de actuación para os próximos anos seguindo o camiño do traballo desenvolvido ata a data e pon de manifesto o noso compromiso por un sistema sanitario público de mellor calidade.
Quixemos estruturar este informe en base a tres piares que consideramos fundamentais:
- Implantación dun Sistema de Rexistro de Profesionais Sanitarios (RPT) detallado:
Na nosa loita continua pola transparencia na administración pública reclamamos a posta en marcha deste rexistro a nivel autonómico que permita planificar e asignar adecuadamente os recursos.
- O futuro Estatuto Marco:
Avogamos por facer modificacións substanciais na próxima negociación do Estatuto Marco. A revisión do Estatuto Marco é fundamental para garantir un ambiente de traballo xusto, equitativo e propicio para o desenvolvemento profesional.
- Estabilización de persoal:
A estabilidade laboral é un piar fundamental para o noso colectivo e vai unida á calidade da atención que prestamos. Propoñemos medidas concretas para lograr a estabilización do persoal, incluíndo políticas que fomenten a retención do talento, a formación continua e o adecuado recoñecemento das retribucións para todas as enfermeiras.
En resumo, este informe corporativo representa o noso compromiso inquebrantable coa excelencia na asistencia sanitaria e reflicte o noso enfoque estratéxico para os próximos anos. Estamos convencidos de que a execución destas propostas marcará un enorme fito para as enfermeiras e suporá un salto cuantitativo na calidade do noso sistema sanitario.
Ligazón ao Informe Corporativo 2023