No día de onte fomos testemuñas directas de como de novo, dende os departamentos de Recursos Humanos, se está a cesar de xeito unilateral e de hoxe para mañá, contratos en forma de Acúmulo de Tarefas con data de finalización a día 30 de abril. Sen ir máis lonxe a Xerencia da Area Sanitaria de Santiago cesou os contratos de reforzos do Covid ¨porque xa non lle facían falta¨.
Estes nomeamentos de persoal efectuados por mor da crise do COVID-19 involucran a persoal eventual de diversas categorías, que levamos traballando arreo para solucionar á crise sanitaria actual. Nembargantes, por parte da Administración estamos sendos recompensadas en forma de desprezo, vulnerando os dereitos das traballadoras.
Neste momento de previsible superación da peor etapa de colapso sanitario, grazas en parte ao traballo deste persoal eventual, o SERGAS vólvenos lembrar que somos empregadas de usar e tirar e comeza así, de xeito encuberto, unha nova etapa de recortes en persoal que presumiblemente terá consecuencias na saúde de todas.
Esta actitude resulta unha ofensa á nosa profesión, un xogo inhumano no que a nosa estabilidade laboral é o xoguete e unha viraxe de costas aos intereses da saúde de todas as galegas e galegos. Vímonos traballando sen medios e sen protocolos expoñendo as nosas vidas e agora o SERGAS páganos con esta moeda. O Servizo Galego de Saúde como empresa, unha vez máis, ignora os dereitos mínimos das súas traballadoras, dereitos que toda entidade debe cumprir.
E nós preguntámonos, por que se están a derivar pacientes á Sanidade Privada se na Sanidade Pública hai xa contratado persoal suficiente para coidalos? Por que non se reorganiza o persoal eventual contratado para atender as novas necesidades da poboación xurdidas nos últimos días? Canto temos que agardar, unha vez máis na nosa discriminada posición, a que a situación se desmorone para facer un esforzo persoal e profesional equiparable a unha superheroína e rescatar co noso suor e as nosas bágoas o que os xestores desmontan sen reparo? É esta a única fórmula que coñecen de agradecemento? Estamos a falar de novo dun “erro puntual“? Haberá rectificación tralas denuncias de tódalas afectadas en prensa?
Quen sabe. É a xestión Sergas en tempos da Covid-19.
“Imagen del Banc d’Imatges Infermeres. Autoría: Ariadna Creus y Àngel García”
Está ben defender os dereitos dos/das traballadores/AS (pero aportando solucións que non caian do ceo…). Calquer gestor cun pouco de idea entende que nun pico de traballo é necesario reforzar a plantilla, pero cando ese traballo baixa, todo ese personal que non ten contido (algo que facer) supón un gasto para a empresa. Eu traballo nunha empresa privada e coma todas elas, cando hai demanda dun producto, necesitase man de obra para atender dita demanda (contratase persoal), pero sin embargo, cando non a hai, non é necesario ter ese persoal (despídese ou non se renova contrato a ese persoal), ou polo menos é complicado (moi complicado) manter un sueldo ou varios. Cal é a vosa solución ante o parón que está a provocar o maldito COVID-19?; qué todos os empresarios manteñan os salarios dos seus traballadores?, é esa unha solución lóxica e realista?, é lóxico que a un autónomo NON lle deixen traballar e que non cobre?, pero sí os millóns de funcionarios que cobrarn o 100% do seu salario, dudoo moito. O Gobierno da nación é o único responsable da situación que estamos a vivir, independientemente da cor, xa que non creo que houbera moita diferencia si mandasen outros….
Cristóbal, en primeiro lugar debemos cambiar o pensamento, porque non podemos falar de “gasto sanitario”, senon de “inversión sanitaria. De feito existen múltiples estudios nos que expoñen que invertir en sanidade reporta enormes reduccións de gastos (estes si) a corto e longo plazo.
Por outra banda, e indo directamente ao teu mensaxe, entendemos que cando a carga de traballo baixa non fai falla tanto persoal, pero o que estamos a denunciar aquí é outra cousa diferente.
– Denunciamos que houbo contratos firmados que se cancelaron “por un erro de interpretación”, polo que incluso o presidente da Xunta Núñez Feijóo pediu disculpas, algo que na empresa privada solucionaríase cun despido habendo avisado con 15 días de antelación, no SERGAS cesa o contrato e punto.
– Que se deixou sen contrato a varias profesionais tras estar de baixa por covid-19, polo que o Conselleiro de Sanidade Vázquez Almuiña dixo que “fue un error de un área sanitaria por el que ya se pidieron disculpas”.
– Que se ofertaron contratos de días soltos en Unidades de Hospitalización onde se atopan casos positivos de COVID-19 e despois esas mismas profesionals seguian a traballar noutras nos que se atopan pacientes de maior risco, algo que podería ser constituido coma un error grave nos protocolos de atención.
– Que a falla de EPIs ainda que comprensible e xeralizada, pode constituir una vulneración na Ley de Prevención de Riesgos Laborales, sobre todo non a súa ausencia se non as deficiencias de medidas organizativas.
Entendemos que a xestión dunha crise así non é sinxela pero estamos fartas dos abusos que se veñen dando ao persoal eventual dende fai moitos anos atrás. Non falamos dunha política puntual durante a crise, senon que INCLUSO durante ésta, o persoal eventual (que son un 40% dos profesionals do SERGAS, algo que non sucedería na empresa privada) segue a ser de usar e tirar.
En resumo, a solución é unha mellor política de Recursos Humanos, e por suposto que é posible. Todo é querer.
Saudos.
Sí, gústame esa expresión “inversión sanitaria”, ahí coincido.
Si houbo ou non un erro na interpretación dunha cancelación, hai que “castigar” ó que tuvo o erro, igual que me fan a min si piso unha línea continua.
O de solucionar un despedimento na privada con 15 días de antelación, decir que polo menos no meu sector non se da ou é moi raro, máis que nada, para que nos te pases eses quince días mirando para o aire…, o de anular un contrato por unha baixa, é algo moi habitual tamén no sector privado (despós si sigue habendo carga, volven a chamarte ou non…), contratos por días soltos?, ídem que os anteriores, o pan noso de cada día.
A falta de EPIs non é que poda, é unha neglixencia en toda regla por parte do empresario sexa público (funcionarios) ou privado.
Non comparto o último párrafo donde se refire ó 40% de persoal eventual, na empresa privada o 100% somos persoal eventual (con abusos incluidos), e porque digo esto?, pois para que despidan a un funcionario con praza ten que facer unha moi gorda, sin embargo, para un obreiro coma min chega simplemente con pagar a indemnización e “moitas gracias” (que nin eso fan)….
Un saudo.
Desde o meu punto de vista (tamén traballador do sector privado), pretender aplicar os mesmos criterios na sanidade pública que no sector privado é un erro, que considero que se fai patente na situación actual.
É certo que hai que controlar o gasto público, para poder mantelo a futuro (que non para obter beneficios, que é o obxectivo último no sector privado).
A actual pandemia pon de manifesto que se a sociedade quere menos mortos, debe invertir máis no sistema sanitario, que na situación actual non fai augas polo esforzo extra que están a realizar quen ten praza, e quen se contrata para reforzar.
O xusto (e o responsable) entón sería recoñecer o esforzo e reforzar ata ter claro que a crise pasou (sen que teñan que andar pendientes de se lles fan trampa) e, ó resto da sociedade, na medida das súas posibilidades, pedirlle que sosteñan este esforzo (e si, en forma de impostos, porque “o noso” témolo que coidar entre todos).