Puntos en común

Onte fixemos unha mesa redonda coas centrais sindicales integrantes da mesa sectorial de negociación do persoal estutario do servicio galego de saúde (CIG, UGT e CCOO), Prosagap e o sindicato profesional SATSE, aos que queremos agradecer a súa asistencia e participación.

Presentamos un dossier que recolle os principais puntos a resolver.  Son aspectos que consideramos clave para o avance da saúde e que xeran o núcleo do problema no noso traballo.

Temos o pracer de atopar apoio nas forzas sindicais que, como Enfermeiras Eventuais en Loita, ven necesarios os cambios suscitados na reunión de onte. Os sindicatos presentes manifestaron a intención de unirse e apoiar as principais demandas polas que loitamos en Enfermeiras Eventirais en Loita. É por iso que consideramos que se deron os primeiros pasos para visibilizar a necesidade das enfermeiras na mellora da calidade asistencial.

Entre estes puntos de consenso está a evidente depreciación da saúde pública na última década, a falta de transparencia na xestión e a precariedade laboral de todos os grupos profesionais. Xustificamos o noso absoluto rexeitamento ao novo contrato de continuidade, estando presentes dous dos sindicatos asinantes, sendo este o único punto de desacordo de toda a reunión e só con parte dos asistentes.

Dende a humildade que nos define, esperamos ter iniciado o camiño para establecer obxectivos para mellorar a asistencia e o desenvolvemento da nosa profesión, coidados.

Finalmente, comunicamos a nosa intención de promover, xunto con todos os grupos sanitarios tanto de profesionais como de pacientes, unha mobilización a nivel rexional por parte da Sanidade Pública de Galicia.As razóns que nos trasladan a iniciar as accións pertinentes para a realización dunha mobilización destas características son varias:

  • Depreciación da saúde pública
  • Falta de transparencia
  • A precariedade laboral

Por iso propoñeremos nas próximas datas aos diferentes grupos sanitarios a creación dunha mesa redonda que, canto antes, unamos postos, impliquen a todos os cidadáns e vexamos que a sanidade pública volva ser algo que sentirnos orgullosos.


Deixar unha resposta