Rumbo a Bruselas: Denuncia no Parlamento Europeo

Co obxeto de denunciar a precariedade das enfermeiras eventuais do Servizo Galego de Saúde, un comité de representantes do noso colectivo presentará nos próximos días, coa colaboración do Bloque Nacionalista Galego encabezado pola eurodiputada Ana Miranda, unha denuncia formal no Parlamento Europeo de Bruselas.

O comité, constituído por seis portavoces, que visitará Bruselas alén de presentar a denuncia formalmente, reunirase con organizacións profesionais como a Federación Europea de Enfermaría (EFN) e a Alianza de Saúde Pública Europea. O obxetivo primordial de ditas reunións é  levar as reclamacións de miles de profesionais da Sanidade Pública de Galicia ao máximo expoñente.

A axenda organizada polo equipo de Ana Miranda, levará as nosas portavoces a presentar a denuncia á Comisión de Peticións. A recepción por parte da súa Vicepresidenta Tatjana Zdanoka, será o ápice da visita ao Europarlamento.

Queremos agradecerlle a Ana Miranda e ao seu equipo, o  apoio a unha causa que desde o seu inicio buscou non só a mellora  dun numeroso colectivo como é o das enfermeiras galegas, senón tamén do resto de profesionais e que ,como máximo expoñente, procura o beneficio do paciente.

Por último, non podemos deixar de agradecer todas as mostras de apoio que temos recibido nestes últimos meses. A presentación desta denuncia nun escenario como o do Parlamento Europeo farase realidade gracias ao duro traballo de todas as compañeiras e  compañeiros que formamos parte deste colectivo, mais tamén ao de todas esas persoas que nos apoian tanto de forma individual como desde os diferentes eidos: sociais, culturais, económicos e políticos.

É  por iso que levaremos as nosas reivindicacións con orgullo para lograr que as enfermeira consigamos o noso principal obxetivo, ofrecer uns coidados de calidade.

#coidaaquentecoida

Deixar unha resposta