Unha vez máis atopámonos ante falta de transparencia e libre interpretación por parte do SERGAS, que dada a situación excepcional do estado de alarma, o Sergas realizou vinculacións para postos fronte a COVID, que posteriormente, en Abril e Maio, decidiu prorrogar nominalmente sen ter en conta o Pacto de Selección temporal,sen respetar a orde da lista pública.Existindo traballadoras que estiveron en unidades COVID quedando en situación de discriminación. Sufriron a contratación por días, semanas ou quincenas durante o mes de Marzo e Abril, pero non obtiveron a prórroga do seu contrato como si se fixo a persoal en números inferiores e mesmo inscrito en listas paralelas, estas últimas sen publicación oficial.
O SERGAS ampáranse no estado de alarma, pese a que, a Instrución 4/2020 do 12 de Marzo sobre medidas en materia de persoal como consecuencia do COVID-19, no seu punto terceiro fai referencia a que a orde de chamamentos se realizará seguindo o Pacto de Selección Temporal vixente. Este punto vese infrinxido a finais do mes de Marzo, cando habendo aspirantes dispoñibles para chamamentos, non se realizan os contratos do mes de Abril seguindo esa orde, creando contratos para os días finais de Marzo que incluían o mes de Abril.
Esta infracción fai que a orde de prórroga (non publicada na páxina do SERGAS nin aportada ás traballadoras) realizada polos Servizos Centrais do Servizo Galego de Saúde, deixe a estas profesionais en situación de desemprego.
As prórrogas (as cales se comunican cun día de antelación) deberíanse de outorgar ás persoas aspirantes que se atopen dispoñibles e respetando orde de baremación.
Estes contratos COVID, non foron empregados para persoal de reforzo, xa que son comúns as situacións na que con este contrato de ACÚMULO DE TAREFAS se cubren incapacidades temporais con data fin, días de libre disposición, reduccións de xornada,etc… As cales se deberían de cubrir con contratos nominais. Realizando cambios de xeito continuo na carteleira e coñecendo a mesma o día antes de comezar o contrato (práctica habitual no SERGAS).
Considerando que as prórrogas se realizaron para que as profesionais atendesen unidades COVID mantendo unha continuidade asistencial o resultado obtido foi: Profesionais con cambios de servizos continuos e sen poder aportar continuidade de coidados. Ademáis xerando un alto risco de contaxio, xa que as profesionais desempeñaban o seu labor en unidades COVID uns días determinados pero outros en unidades NON COVID.
É por isto que precisamos unha explicación por parte das Xerencias e Servizos Centrais e que non continúen traballando con opacidade senón que manifesten transparencia por vez primeira.