No día de onte, unha das nosas compañeiras e portavoz volveu a denunciar a precariedade laboral na sanidade pública galega, chamando a tomar medidas para atallar a problemática denunciada por este colectivo desde hai meses.
Durante a entrevista realizada á nosa compañeira, a xornalista Susana Grisso no seu programa Espello Público, deu réplica ás súas críticas cunhas declaracións provenientes do SERGAS nas que se expuxeron datos relacionados persoais da nosa compañeira, así como o feito de que rexeitase un contrato de continuidade, que doutra banda é voluntario e no seu conxunto unha total e absurda farsa.
Lamentamos enormemente que unha Administración Pública como o SERGAS arremeta contra unha traballadora que, como outras miles, é peza fundamental do sistema. A nosa compañeira personalizou a situación vivida por miles de profesionais do SERGAS e o SERGAS quixo acusala falsamente.
Queremos recalcar que estas advertencias por parte da Administración son unha grave violación dos dereitos de todos os traballadores e son eles a quen se lles debe respectar en primeiro lugar.
É por iso que valoraremos tomar as medidas legais pertinentes contra o Servizo Galego de Saúde no caso de que se vulnerara a Lei de Protección de Datos sobre a nosa compañeira. Non permitiremos ningún perxuizo a ningún compañeiro.
Por último, parécenos lamentable que a resposta dunha institución pública á exposición dun problema que afecta a traballadores e a pacientes, sexa atacar persoalmente a quen se atreve a dar a cara. Sobre todo cando saben perfectamente que o caso exposto pola nosa compañeira non é un caso illado senón todo o contrario.
A nosa total repulsa ante estes abusos por parte da Administración. Non os permitiremos. Hoxe é ela, mañá podes ser ti.
#eutaménsonalba #todossomosalba
Vergonzoso el comportamiento de la Xunta . Como va a defender los derechos de los trabajadores, si es la propia administración la que abusa y comete irregularidades con el personal sanitario. Pero que no se preocupen que el año próximo son elecciones autonómicas . No olvidaremos la multitud de atropellos cometidos
Mientras la derecha de Fraga y por tanto del Franquismo gobierne, esto seguirá siendo lo más parecido a una dictadura. Se puede cambiar con el voto. Yo ahí lo sejo
Son celadora eventual do segas e igual q laura non teño unha vida q poida ser normal sempre pendiente do telefono e si me poño mal antes d ir a traballar penalizanme sin traballar un mes ….esto e un atraco as nosas vidas por parte dos q nos gobernan ..a luchar compañeiros ..todos somos laura no sergas